Quantcast
Channel: Liga Estudantil Galega » Videos
Viewing all articles
Browse latest Browse all 10

O estudantado bota ao Director Xeral de Xuventude da USC

$
0
0

O Director Xeral de Xuventude tiña programado un acto, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas da USC, que finalmente non se celebrou. O estudantado, un día despois de concentrarse diante do Parlamento galego e noutros lugares de Galiza contra a aprobación dos orzamentos da Xunta, que rompen co acordo do plano de financiamento do Sistema Universitario Galego e deixan á Universidade de Santiago de Compostela sen nove millóns de euros, traducidos en despedimentos e máis que probábeis subas de taxas, decidiu impedir o desenvolvemento do acto, ao considerar un insulto a presenza de altos cargos da Xunta do Partido Popular en dependencias da institución á que agreden por sistema só un día despois da última e dura labazada.

Pretendíase poñer de relevo, tamén, a fraude que constitúe a política de mocidade deste goberno, concretada en recortes en formación, precariedade laboral, desemprego e emigración. “Fóra o PP da Universidade; Non aos recortes na Universidade, ensino público e de calidade; Os vosos sobres, os nosos recortes” foron algunhas das consignas berradas polas numerosas estudantes que se deron cita.

Dende a Liga Estudantil Galega queremos parabenizar a todas aquelas persoas que se achegaron e protagonizaron unha nova mostra de dignidade, advertindo á Xunta que non é benvida na Universidade galega mentres manteña o acoso e derribo ao noso futuro. Como organización consideramos que a contestación forte, o combate diario, a persecución política aos que nos hipotecan son ferramentas imprescindíbeis que nos afortalan. A loita é o único camiño toda vez que eles decidiron bombardearnos sen tregua.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 10

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú