Quantcast
Channel: Liga Estudantil Galega » Videos
Viewing all articles
Browse latest Browse all 10

Teses e resolucións aprobadas na nosa II Asemblea Nacional

$
0
0

550356_442800672472498_1544302657_n

Hai hoxe un mes, o pasado sábado día 13 de abril tivo lugar na cidade de Vigo a nosa II Asemblea Nacional baixo o lema “Estudar, loitar, poder popular” logo de varios meses de debates realizados nas asembleas de todo o país nos que analizamos a nosa situación organizativa despois de dous anos de vida, así como a situación política actual na que nos atopamos e as dificultades que teremos que afrontar como estudantes fronte os ataques que cda día sofre un ensino cada vez máis mercantilizado e desmantelado.

Ao longo do día debatemos e aprobamos os textos que servirán como folla de ruta para a nosa actividade diaria ao longo do vindeiro ano Tamén aprobamos unha serie de resolucións sobre diversas cuestións de actualidade, como a situación actual do ensino, da sanidade e dos servizos públicos, conflitos sociais como os desafiuzamentos ou as preferentes, a loita contra o machismo desde o movemento feminista ou a solidariedade internacionalista. As teses aprobadas e a totalidade das resolucións están dispoñíbeis para descargar en pdf ou consultalos en liña.

Na sesión de clausura tivemos a honra de contar coa presenza de diversas delegacións convidadas: Adega, Adiante, A Mesa pola normalización lingüística, Assembleia da Mocidade Independentista, Asociación Cultural A Revira, Asociación Cultural Cultura do País, Bloc d’Estudiants Agermanats (País Valencià), Briga, Centro Social A Revolta, Comités, Confederación Intersindical Galega, Galiza Nova, Isca!, Local Social Faísca, Mocidade Nacionalista Galega, Siareiras Galegas e Sindicato Labrego Galego. Así mesmo, enviáronnos un saúdo por non poderen asistir: AGAL, A Trabe, BDS-Galiza, Fundación Galiza Sempre, Ikasle Abertzaleak (Euskal Herria), Marcha Mundial das Mulleres, Regüelta (Cantabria) e Yesca (Castilla).

Para finalizar a xornada, todas as membros da Liga Estudantil Galega escollemos o novo Consello Nacional que coordinará o traballo segundo as liñas aprobadas durante o novo período. Este estará formado, xunto coas responsábeis de campus e comarcas e a responsábel nacional de mulleres, por:

  • Alexandre Román – Compostela
  • Ana Castro – Compostela
  • Bea Fariñas – Vigo
  • Emilio V. Lage – Compostela
  • Felipe Vázquez – Lugo
  • Iago Sumavielle – Ourense
  • Iria Rivas – Ourense
  • Olegario Aguiar – Compostela
  • Samuel Ben – Compostela
  • Santi Piñeiro – Compostela
  • Sara Tobío – Compostela
  • Víctor Giadás – Compostela

Velaquí un vídeo que dá conta dalgunhas das resolucións aprobadas pola II AN.

 


Viewing all articles
Browse latest Browse all 10

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú