Desde a Liga Estudantil Galega rexeitamos o modo de produción industrial que prioriza a destrución do territorio sobre o desenvolvemento sustentábel e endóxneno e a acumulación do capital das transnacionais sobre a fixación de emprego no rural.
Por isto, queremos apoiar e sumarnos á manifestación nacional convocada para o vindeiro domingo 2 de xuño polo colectivo ContraMINAcción para expresar o rexeitamento ante o incremento de concesións mineiras en Galiza por parte da Xunta sen atender á salvagarda de espazos protexidos, comunidades humanas e medio ambiente, nin á defensa dos milleiros de persoas e postos de traballo que están ameazados polas actividades extractivas dunhas poucas empresas.
Animamos a todo o estudantado e á sociedade en xeral a participar desta manifestación, que saíra ás 12:00 horas desde a Alameda de Santiago de Compostela.
Galiza non é unha mina!